Unha ollada á evolución da linguaxe

14 Mar 2024 | Actividades Científicas, Komunika

A capacidade de pensamento simbólico e de linguaxe son dúas habilidades exclusivas dos Homo sapiens, os humanos modernos. O estudo do seu desenvolvemento evolutivo ao longo dos últimos dous millóns de anos é un dos maiores problemas aos que se enfronta a ciencia actual, un reto de enorme interese xa que a linguaxe é a característica máis extraordinaria da natureza humana, unha ferramenta para elaborar pensamentos complexos e para transmitir información dunha mente a outra que non existe en ningún outro ser vivo coñecido.